Erasmus+ KA229

Este proxecto, que naceu na biblioteca, incorporaba como liña prioritaria a Radio Escolar. As mobilidades retrasáronse durante os dous últimos anos e e non foi senón ata este curso que se viñeron concretando. Profesores de dous centros de Gales, Finlandia e o CPI de Atios en Valdoviño, compartiron micros, experiencias e pareceres. A Radio Escolar foi para eles un descubrimento polo seu potencial como proxecto educativo e amosaron un vivo interese por implementalo nos seus centros. A experiencia da entrevista tamén foi moi enriquecedora. Entrevistados por alumnos voluntarios da ESO e bacharelato.





Comentarios

Publicacións populares