De viaxes e utopías
Ese é o título do podcast co que alumnos de 1º de Bacharelato de Filosofía e Latín participaron no Concurso "A máscara que inspira" dos premios "Cidade de Lugo" e organizado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos - Galicia. 1º Premio da Modalidade Lisias, participaron cunha proposta que pretendía subvertir valores, dando unha visión contemporánea de Ulises, Penélope e Hécuba. Escoitade e deixadevos levar á soñada Ítaca Grazas á SEEC-Galicia polo premio. Todo un agasallo O día 22 de xuño foi a entrega de premios da SEEC Galicia. Xa sabedes que os nosos alumnos de 1º de Bach María, Jero, Irene e Noelia foron premiados na categoría de Lisias co seu podcast "De viaxes e utopías". Non puideron ir recoller o premio porque andaban na estrea de LÓVA, no Auditorio de Cedeira. Polifacéticos que son eles. Temos que agradecerlle a Silvia Carro que fixera os honores e recollera o premio para eles. Aquí vos quedan fotos do acto e tamén a recollida que os alumnos f