8 de marzo - Día da Muller

Desta volta, na conmemoración do Día da Muller, quixemos agasallar ás mulleres que souberon dar o mellor de sí mesmas durante un periodo tan complicado como o confinamento por mor da Covid-19.

Co agasallo musical de Xandre Outeiro a Onda Discalza e a Biblioteca Escolar Punta Candieira queren ofrecer unha pequena homenaxe ás mulleres da Vila poñendo en valor a súa contribución á consolidación dos dereitos de todas. Nais e fillas, fillas e pais e nenas que entrevistan a un grande profesional da radio.
A xenerosidade de vir á Onda Discalza e compartir con nós vivencias e emocións fai máis grande a nosa Biblioteca que quere ser a casa de todas.
Grazas a todas as que comparten
Grazas por estar aí
Grazas por crer.

O que seguen, son todos os podcast que se gravaron e que publicamos por separado para que poidades desfrutalos como cómpre.




Comentarios

Publicacións populares