Argallando coas palabras


Despois dun final de curso 2019/20 un tanto anómalo, onde tivemos que botar a andar a Radio sen radio, por fin volvemos ao pé dos micros. É certo que con moitas limitacións, distancia e máscaras, pero podemos vernos as caras, facer cousas en conxunto e partillar a palabra.

Aquí están as pequenas e pequenos que este ano comezan un novo proxecto da materia de Radio Escolar en 1º de ESO. Só levamos dous días de clase e apuntan maneiras. 

Argallando coas palabras vén ser un proxecto que pon a guinda ao noso interese nestes últimos anos polo patrimonio inmaterial. Palabras esquecidas, da Vila, nun programa especial para agasallar a Ricardo Carvalho Calero, nun Día das Letras Galegas un tanto anómalo. Fagámolo especial!!

Ivoox - Argallando coas palabras
















Comentarios

Publicacións populares