I Concurso de podcast - Radio na Biblio - LAVANDEIRAS

Concurso de Podcast
Patrimonio Inmaterial - Lavandeiras


A Onda Discalza, emisora de radio da Biblioteca Escolar Punta Candieira, vén de ser premiada no I Concurso de Podcast do programa Radio na biblio que convocou a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia. Este podcast gravouse como parte dun traballo por proxectos para reivindicar a pervivencia do patrimonio inmaterial e, nomeadamente, o oficio das lavandeiras que son parte dese patrimonio.

Agradecer á Asesoría polo recoñecemento e a oportunidade.

Os nosos agradecementos tamén para as avoas lavandeiras, que tanto nos aprenderon sobre o oficio de lavar e ás Aturuxeiras que nos acompañaron na escenificación, e ao equipo da biblioteca.
Andy Cedeira e a Quique Vazquez pola documentación 
Grazas aos Vagalumes, ese grupo incomparable de alumnos de 3º A que contaxian alegría e a Dulce Carro Etchepare, guía incombustible.
Grazas aos alumnos de Antropoloxía de 1º de bacharelato e aos técnicos da Onda Discalza.
Grazas a Beatriz Leonardo Labraña e a Elsa López polo agasallo da súa música e as súas marabillosas voces.
E grazas, de corazón, a Paulo, Montouto SoundMachine
De hoxe nun ano










Comentarios

Publicacións populares