Día de Rosalía


Aquí tedes os enlaces aos programas que se fixeron na ONDA DISCALZA, a emisora de radio que nace ao abeiro do programa Radio na Biblio. Dende a Biblioteca do IES Punta Candieira, queremos dar a benvida a todos os nosos novos radiooíntes. Non deixedes de seguirnos porque os alumnos forman un equipo estupendo. O Día de Rosalía foi a nosa estrea. Invítovos a que escoitedes os programas que se gravaron ese día tan especial para nós.
Seguiremos aí!

Podedes escoitarnos en IVoox.com, na Canle de Onda Discalza, mesmo podedes descargar a aplicación nos vosos móbiles para facer un seguiemento puntual, descargar os post e no blog da Onda Discalza (https://ondadiscalza.blogspot.com). E, por suposto, neste facebook ou na páxina web do IES Punta Candieira. 
Ata o próximo programa, agardamos que vos guste
Presentación

Primeiro programa da emisora coa benvida de todos os que fan posible a Onda Discalza




Entrevista con Guadi Galego

Este é o segundo dos programas emitidos na primeira emisión da Onda Discalza, para conmemorar o Día de Rosalía. Contamos con Guadi Galego para poñer en valor o papel da radio na educación e o da muller na música.






Entrevista a Anxo Angueira

O Día de Rosalía, os colaboradores da Onda Discalza realizaron unha entrevista a través do teléfono con Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro.



Teatralización

O Día de Rosalía, os colaboradores da Onda Discalza crearon e locutaron unha teatralización cunhas protagonistas moi especiais.



Teatralización


Silencio

Homenaxe a Rosalía, cun poema de "Follas Novas", Silencio. Cantado polos alumnos de 2º de bacharelato, presentado polos locutores da Onda Discalza. Con música de Paulo Vicente.

Un agasallo!


















Comentarios

Publicacións populares