Formación de radio con Luis Pardo

Formación con Luis Pardo

Dende que no mes de decembro pasado nos concederon a Radio na Biblio, andamos de obras, formación, ensaios, máis formación...
Estamos moi ilusionados e para celebrar ben as cousas, decidimos comezar mañá, día 25 de febreiro, as nosas emisións.
Non podería ser mellor data, porque conmemoramos o Día de Rosalía. A ela van estar dedicados todos os nosos programas. 
En toda esta aventura, non queremos deixar de agradecer a Luis Pardo a súa inestimable axuda, o seu ánimo, a súa profesionalidade e a capacidade de engaiolar non só coa voz, senón tamén coa súa maneira de ser. Quedamos encantados e aprendimos moitisimo. 
Aquí quedan as fotos de todo este periplo que mañá tomará forma en ONDA DISCALZA!!!
















Comentarios

Publicacións populares