Hoje vai de poesía
Un poema de Carvalho Calero
Se isto fora un texto, sería un post scriptum. Pero non é un texto, é voz. Voz e palabra.
Moito agardamos para que o Día das Letras Galegas se adicara a Carvalho Calero e despois de polémicas, desavenencias e esquecementos veu o 2020 para o seu recoñecemento.
E co 2020 veu tamén unha pandemia que fixo que se adiara a celebración do 17 de maio.
Quixeramos que este poema servira de homenaxe a un home que deu en falarnos de nós mesmos, como pobo e de falar da muller. Con este poema queremos poñer en valor esa particular visión de Carvalho.
Porque Calquer lugar é bo para morrer e para vivir.
Feliz Día das Letras Galegas nun outono que agardamos agrome como mil primaveras.
Con estas palabras acaba este podcast que compartimos.
Para todos vós!
Comentarios
Publicar un comentario